MULTIPLICARAS OS PEIXES E AS BOCAS
NACERAN SEREAS SALVAXES
ENTRE AS TUAS PAXINAS SALFERIDAS DE VIÑO E SANGUE
CHORREARAS A VIDA, OS RETALLOS DE HISTORIAS QUE AMOREAS DENTRO
FUXICHES TANTAS VECES OS RESTOS DOS QUE HABITACHES E TE HABITARON
LENTO AMARSE LENTO
LIMPARAS TANTAS VECES O LEITE DERRAMADO
A LISTA INTERMINABEL DE TAREFAS, A ESTRITA BUROCRACIA
DA FAMILIA, A VIXILIA
APRENDERAS A DELICADEZ CON QUE
OS DINOSAUROS AMORTIGUAN A CAIDA DO SOL AO OITAVO INTENTO
CUSTODIARAS A GORIDA, CONTARAS CONTOS MENTRES ARDE
A REALIDADE AOS TEUS PÉS
HABITUARASTE A EFICACIA COA QUE O TEMPO CURA MAIS ARRASA
ALGUN TESOURO E PROCURARAS A INTEMPERIE, TANTAS VECES,
RECONSTRUIRASTE TANTAS VECES
Spoken Word: Muller anónima da parroquia de Oliveira (Ponteareas)
Música: Fanny & Alexander
NA PERCURA DO TEU SOÑO
ACORDEI COMA PANTASMA PENANDO
AO RITMO E COMPÁS DOS TEUS CHOROS
ALBISQUEITE ENTRE AS CORRENTES
DE NENOS ZOANDO A CORO
E NUNCA CONFUNDÍN A TUA VOZ ENTRE O BALBORDO
A PACIENCIA MÁIS INFINDA RECOMPENSÁBALA EN OURO
TRISCADO DO TEU CORAZÓN TAN NOBRE, O NOSO CHORADO TESOURO
HAI TEMPOS QUE NOS DEIXACHES A TUA AUSENCIA ETERNA NESTE AR
UN ARRECENDO TAN SILANDEIRO QUE SE O DEIXAS, FIRE MÁIS
DERROTA A RAZÓN MÁIS CAVILADA, ESGAZA NAS CARNES COMA UN PUÑAL
CÓMECHE A VIDA SE NON LLE FAS FRONTE. O INIMIGO MÁIS BRUTAL
O TEU RISO, O MÁIS TROULEIRO
A GARGALLADA E O TEU OLLAR
ERAN LUME DE VIDA, O CAMPO DA FESTA,
A FOLIADA, O FOGUETE, O REPENICAR
EXPLORAMOS TANTOS MUNDOS
MATÁRONNOS TANTAS VECES
TI EXPERTO EN ATOPAR A CHAVE,
EU EN ME BATER COS XEFES
Spoken Word: Lucía Aldao
Desafíote a ti morte
UN TRAFEGO DE CARNES AO SON DO CUSPE
ABRENSE AS AUGAS, DIXO O FALSO PROFETA
FOI ELA QUEN SE ABRIU E PERNAS E PAREU ARDENDO
O RELOXO NOVO OXIDA, PINTA AS XEMAS DA COR DO CASTIÑEIRO,
DA COR DO MEU CABELO
I É MENTIRA
SE A DOR É VERDADEIRA OU O COITELO ESTÁSEME A CREBAR
E TI XA NON ME SABES
NA MENTIRA EN QUE O INFERNO NOS BAILA
SABEN QUE O SABOR DA MORTE É O DO METAL
METAL QUE COÑECIMOS CANDO NOS ALENTABAN
UN SEGUNDO XOGO DE PULMÓNS
SE CADRA A UNICA VERDADE
É QUE TODOLOS HOXES
CAMIÑO COA FATIGA
E NESTE XANTAR DE TROLAS E MENTIRAS
COMÉMONOS NA ENCRUCILLADA
Música: Fanny & Alexander
Trouxen augamel para agasallarte
TODOS OS TIMBRES SON ADRENALINA
NON SEI CANTAS VECES SENTIN O LUME DA ATMOSFERA
XA ESPERTOU A LUZ
PODERIA ESTAR DEITADA TODO O OUTONO
COMO NUNHA ENFERMIDADE ESTRAÑA
ESCOITANDO O RUXIR DA TUA AUSENCIA
MARCHACHES E TODOS OS CAMIÑOS
E NON SON QUEN DE ATOPAR O APETITO
NEN AS FRASES NEN OS LOITOS SUFICIENTES NEN A PALLA
SUFICIENTE PARA TAPAR ESE CAMIÑO ABERTO EN CANLE
Música: Fanny & Alexander
Lambendo o sangue alleo das gadoupas,
destas unllas aguzadas con paciencia
DESES QUE CHE QUEDAN GRAVADOS NA CABEZA PARA SEMPRE
I EU NON SEI SAIR DESE FOTOGRAMA
QUEDO BLOQUEADO NA EXPRESIÓN DO SEU ROSTRO
E DESDE AI SO CONSIGO IR CARA ATRAS
CANDO OS DOUS ESTABAMOS VIVOS
DAQUELA A VIDA DOEU TANTO QUE QUIXEN APRENDER A CAMIÑAR CARA ATRAS
PARA NON PERDELO NUNCA DE VISTA PARA NON ESQUECER NUNCA XAMAIS
ENTENDEME NON É QUE NON QUERE TELO PRETO
PERO ESA SENSACIÓN DE LEVAR A SUA AUSENCIA
TAN PEGADA NA ROUPA E NAS BAGOAS
FAIME PENSAR DEMASIADO
E ESTANCO EN NEBOA E POESIA GRIS
VOLVESE TODO CONTRADITORIO
PORQUE EL TEN A AMPLITUDE DUN ARCO DA VELLA MAXICO
BAIXO O QUE EU CAMIÑO
COS OLLOS Á ESPREITA AGARDANDO UN MILAGRE
MUDO DE POEMA E DE RECORDO
PORQUE ENTRE OS MEUS VERSOS TAMÉN HAI SITIO PARA TI
Letra: Adaptación duns versos de Ledicia Costas
Spoken Word: Versos de de Nuria Vil
Música: Fanny & Alexander
COS PÉS AFUNDIDOS NA AREA
VEXO MARCHAR A AUGA MAR DENTRO
RETIRÁNDOSE Á ESPERA DE QUE O TSUNAMI
VEÑA VARRER OS MEUS RESTOS
NON CHEGUEI PEDINDO NADA, MAIS AGORA
QUE ME QUEDA?
ARRASTRAR A SOMBRA QUE SON POLOS MUROS BRANCOS
COA PUNTA DAS UNLLAS RASCANDO A PINTURA
VAN CAENDO OS RECORDOS COMA PEL MORTA
E DESFANSE AS PALABRAS DAS COSTURAS
SE O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE,
QUE QUEDA DE MIN?
E FÓRA
O TRENZADO DAS VOSAS VOCES SOA TAN LONXE
XA NON HAI CAMPOS DE TRIGO AO SOLPOR
NIN A BARRA DOS BEIZOS ME RECONCILIA
QUE ME QUEDA SE NON ME RECOÑEZO?
QUIZAIS AS HORAS EN CALMA TRAIAN
UN NOME ENREDADO NO OLOR DO TEU PELO
SÓ ALGÚN RECORDO DA INFANCIA
A PRENDER UN BRILLO NOS OLLOS
MENTRES SE EXPANDE O XEO
COMO PLANICIE NO ÁRTICO
DESERTO
UNIVERSO
BALEIRO
Música: Fanny & Alexander
CON CADA VERSO VOLTA UNHA IMAXE
POR CADA ESTROFA BULEN AS VIAXES
SON COMA UN PICHEL QUE DESBORDA EN BAGOAS
CON CADA BATEMENTO DA MEMORIA
LUCES E TEBRAS QUE VOLTAN Á VIDA
VELLAS AMIGAS QUE PENSABA ESQUENCIDAS
AINDA VIVES EN MIN
RITMO SILABICO QUE CONFORTA A ALMA
ENTRANDO EN TRANCE, UN DERVICHE EN DANZA
RIMAS BOURANDO, PETANDO O CEREBRO
DEIXAN SEN TINO OS NOSOS DEMOS
CALQUERA ARRECENDO REVIVE O VIVIDO
CALQUERA SABOR, ACENO OU SONIDO
CO CAMBIO DE ESTACIÓN, COMA APARICIÓN
AO FECHAR OS OLLOS REVOLVE OS SENTIDOS
EN CADA FERIDA INSERIDO UN VERSO
UN BALSAMO MAXICO, BRUTAL E DENSO
QUE CAUTERIZA O NOSO SANGUE
FORRANDO A PELE, NON ABRE A CARNE
ADAPTARSE A MORTE DUN FILLO
ASUMIR ESES ADEUS
É DEFORMAR PARA SEMPRE A CURVA DO SORRISO
ADAPTARSE A MORTE DUN FILLO
ATADO A UNHA LEI
É DEFORMAR PARA SEMPRE A CURVA DA VIDA
CHORAR SABEN OS VIOLINS
COMO LAIOS DUNHA NAI
AO FILLO MORTO. HAI UNHA VOZ QUE ME ATRAVESA
QUITAME O SER
CABELO SEN PENTEAR
PERNAS DE EGUA
OLLOS DE CUARZO FUMADO
FACER UNHA CURVA NAS COSTAS
DE CARREGAR O VACIO
UN MANTRA LONGO
ACOMPAÑA AS PANTASMAS
O REZO DA NAI
Música: Fanny & Alexander
9.- MENTRES TODOS OS MEUS LIBROS ARDEN
PERDEREI A CABEZA O DÍA QUE NON VOS TEÑA CANDA MIN
É MÁIS:
PERDEREI A CABEZA
CAMIÑAREI SEN RUMBO
POLOS BORDOS DOS PRATOS ESPORTELADOS
CAMIÑAREI
POLO MURO PEQUENO DA HORTA
COMIDO POLO VERDELLO
FALAREI SOA
MÁIS DO QUE XA FALO
E PODE QUE DEIXE DE ME VESTIR
OU ME VISTA EN EXCESO
PERDEREI OS OLLOS.
O DÍA QUE VOS PERDA
PERDEREI TODO O QUE ME CINGUIU
O QUE FUN
PORQUE SEI, DESDE SEMPRE
QUE HEI PERDER A CABEZA
E A DOR SERÁ UNHA DOR PUNZANTE
E CONTINUA
NA COMISURA DOS OLLOS
NAS COSTURAS DO PEITO
— ENTÓN, XA SI
REBENTADO
EXPLOTAREI DE NEGRURA CARA DENTRO
E AS ESTELAS DOS VOSOS RETRATOS
QUEDARÁN CRAVADAS
NOS ÓRGANOS MÁIS DESCOÑECIDOS
— NOS RILES, NO FÍGADO
NOS PULMÓNS
SÓ SEI UNHA COUSA:
PERDEREI A CABEZA
O DÍA QUE NON ESTEADES COMIGO.
SEREI VIÚVA DE VIUVEZ IMPOSIBLE
MAIS NON ORFA
PORQUE AS ORFAS XA NON VISTEN LOITO
E EU
EU VESTIREI LOITO POR VÓS
E VESTIREI LOITO POR MIN.
DEIXAREI QUE AS TELLAS CAIAN
SOBRE AS CAIXAS DO PEIXE FRÍO
QUE CAIAN LIMÓNS ENORMES
DE TODAS AS ÁRBORES
PERDEREI A CABEZA.
É MÁIS:
PECHAREI A CASA COMO UNHA PANTASMA
POÑEREI TODO O OURO E DURMIREI CON EL
PORQUE AÍNDA TERÁ A VOSA CALOR
E UNHA VEZ Á SEMANA
CHAMAREI POR TELÉFONO A NÚMEROS DESCOÑECIDOS,
ABRIREI AS CARTAS
UNHA A UNHA
PARA DEIXALAS SEN LER
NON DIFERENCIAREI AS FOTOGRAFIAS DOS ESPELLOS
E O MEU CAMELIO MURCHARÁ
E O CHEIRO DA VERDURA MURCHARÁ
E A ROUPA LIMPA MURCHARÁ
COMIDA POLA ENFERMIDADE QUE NON TEN NOME
PERDEREI A CABEZA ATA VOLVERME INVISIBLE
E DEIXAREI NO ABANDONO
OS MEUS APELIDOS
O NOME CO QUE ME CONSTRUISTES
MENTRES TODOS OS MEUS LIBROS ARDEN
PORQUE ESES LIBROS NON SOUBERON PREPARAME PARA A DOR
NIN SOUBERON DA DEMENCIA
NIN ME CHAMARON POLO MEU NOME
A CAMA SEN FACER NOS SUCESIVOS CUARTOS
DAS SUCESIVAS NOITES
E O PELO AGROMANDO DESESPERADO
POLOS RECANTOS DO PATIO
PERDEREI A FALA
SUSTENTADA SOBRE VÓS
E TODAS AS REFERENCIAS E AS ESTRUTURAS
DETRÁS DELAS
-DAS REFERENCIAS, DAS ESTRUTURAS
CAIREI EU
VELLA, IDA, ENFERMA
CO PEITO ABERTO EN CANAL
POSTO A SOLLAR COMA OS CORVOS
NON TEREI CABEZA CANDO NON VOS TEÑA A VÓS
NON TEREI NOME NIN CASA
Versos e recitado: Lara Dopazo Ruibal
Música: Fanny & Alexander